#035
Fai muito tempo que nun escribo por aquí. Por un lado éche libertador nun ter que felo todos os días, peró por outro síntome mui menos disciplinao.
Durmín máis de 7 horas en 5 d’as últimas 9 noites. A ver si manténse a tendencia…
El sábado entrenéi tren superior con I., pero el domingo nun fixen tren inferior con él porque nos tocaba el llúis a mín y a Á. De tarde, intentéi fer gofres de xamón y queixo y de chocolate branco, pero nun me saliron mui ben. A masa medróu demasiado y metéuse en todos os furacos posibles. Mandéi 3 horas en limpiar a sandwicheira y tampouco quedóu como antias. El llúis entrenéi perna con Á. y llougo fomos coa súa mai y el sou tío xantar nel Pk2. Despóis, tiven úa reunión col meu director de tesis. Hoi de mañá, llevéiye a Á. un café y un sándwich mixto. Entrenéi hombro, peito y tríceps solo y despois tuvimos paroliando un pedacín. Despóis del sou turno, entrenamos costas xuntos. Nos demais días, alternéi entre tren superior y inferior, y días de exercicios compostos y aillaos. Ainda nun podo dicir si a mía progresión vai dalgo mellor asina. Se cuadra tamén me convén pasar el peso morto al entrenamento de perna, pero é algo que aínda nun teño mui claro.
A semana pasada M. pedíume fer un sito web en GitHubPages. Fíxenlo en Hugo y enteréime de que Netlify CMS ta deprecado. Cambiéilo por Decap CMS. El martes, R., a mía antigua jefe, pedíume el contrasinal del sito d’ún proxecto, peró nun era quen a acceder a WP pra crearye úa conta. Despóis d’entrenar, paséi pola biblioteca y nun era quen a acceder al sistema. Fun al edificio unde traballaba y probéi na rede aberta, y nada. Eduroam tampouco me deixaba conectar coa dirección da mía universidá (que é outra). Por suerte condo taba na entrada pasóu por min R. En explicarye lo que pasaba deixóume el sou ordenador. En menos de 5 minutos xa taba todo resolto. I. pedíume que esteña pendente das mensaxes del foro d’úa asignatura.
El xoves chegóume el llibro que merquéi en alsaciano de Sundgau, y pra mía sorpresa, asoméllase máis al alemán suizo de Berna que al alsaciano de Mulhouse. Á volta d’ir a recoyer el paquete, merquéi super glue y ús torniyos máis grandes y amañéi el soporte de móvil qu’usaba pra escanear libros. El único inconveniente é que quedou tan teso que xa nun se pode axustar a posición. El llúis chegaron el meu diccionario d’esloveno resiano y a mía gramática de croata molisano. El CD del diccionario nun funciona, y nun séi nin siquera si é un CD d’audio ou de datos. Voulo probar nel Goldimóvil este finde. De noite, condo púxenme a procurar profes d’albanés en P., salíume úa oferta pra participar nún estudo. Déronme hora pra úa entrevista el martes polla mañá, y regaláronme úa tarxeta regalo de $25 que cambiéi por €21.60 en Amazon. Merquéi ún manual de alemán suizo de Basilea que xa teño cas meus pais, peró nun séi se me van mandar a nova edición. Como me manden el antigua, devólvola.
A semana pasada nun taba mui ben mentalmente. Anque tiven terapia el martes, esquecéume falar del tema. Oite tiven terapia outra vez, peró tampouco faléi de ningúa cuestión problemática. Condo falo col meu terapeuta, a miudo esqueiceme que tou en terapia…
Durante ús contos días, taba fendo sentence mining en friulano y en esloveno resiano hasta que cheguéi nun caleyón sin salida. D’outros días tamén miréi de transcribir en Chu Nom as licióis del meu curso de vietnamita de Hue, ou traducir dalgúa lición d’Assimil alsaciano al alsaciano de Sundgau. El venres púxenme col examen del curso d’arménio, y a verdá é que nun toume dedicando muito a él. Entoite, fixen úa tabla iBus pra poder escribir en arménio occidental, y llevo dous días revisando os flashcards del curso que fixen nel 2019. Tamén estou revisando un pouquinín as licióis de «Pimsleur Western Armenian».
Empecéi a ver «Chavo del 8» coa dobraxe de Multishow mentres trabayo ou como. Xa vou máis aló del capítulo 90.
Hoi intentéi fer coxa creme prá cia, peró a masa quedóu demasiada apegadiza. Al final amecín máis farina y quedóu como un rebozao.
El venres baixei a os 61,95kg, peró el martes volvín a cruzar a fronteira d’os 62kg outra vez. Baixar a os 13,5% de gordura y mantese nun é doado…